xuvenilEste sábado, a partir das 16:15 horas, o C.V. Xuvenil Teis reunirá a todos os seus compoñentes para realizar a presentación da presente tempada. O acto terá lugar antes do partido que enfrontará a partir das 18:15 ao C.V. Xuvenil Teis contra o R. G.C. Covadonga, da segunda volta de Superliga2 feminina. O equipo asturiano xa gañou ás viguesas na primeira volta e ocupa a cuarta praza da clasificación.

Ao evento acudirán todos os patrocinadores do equipo, Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Deporte Galego, Pulpería 3 portas, Fontán Álvarez Suministros Industriales, Mocavi chapa e pintura, Segredo Galaico e Magic Wash lavandaría.

Durante e ao final da celebración haberá numerosas sorpresas para os participantes.