Cabecera Vide

Primeira vitoria da tempada para o Turismo de Vigo

O equipo feminino do C.V. Xuvenil de Teis conseguiu a súa primeira vitoria na tempada 2009/2010 ante o equipo coruñés de Marineda. As de Vigo conseguiron así saír da oitava praza do grupo A. O partido rematou cun 3-1 a favor das viguesas.

O primeiro set foi o único que cederon as de Teis por 15-25, Lorena Cruz saíu cunha colocadora novidosa nesta tempada, Ana, a mellor atacante do equipo.

No segundo set e con Ana de colocadora conseguiuse o primeiro set, aproveitando o dobre cambio de colocadora e oposta para ter sempre tres atacantes en todas as rotacións.

No terceiro set e empezando cun 0-4 en contra as viguesas conseguiron remontar e gañaron o set cun 27-25, no que as coruñesas tiveron un 20-23 a favor.

No cuarto set as viguesas por fin asumiron o seu papel de gañadoras e lograron adxudicarse o set por un traballado 25-21. Hai que destacar os bos movementos do banco realizados por Lorena Cruz, no que aproveitou as calidades de todas as xogadoras que tiña no banco.

Polo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Ana, Carolina, Orballo, Lorena Posada, Maite e Susana. Libre Lili. Tamén xogaron Candea, Sabela, Alma.

Por Ageco Marineda xogaron: García, Oliveira, Campos, Rumbo, García G. e García T. Libre Domínguez. Tamén xogou Alvaredo.

Sábado, 6 de febreiro de 2010. Pavillón de Teis.