Cabecera Vide

O Xuvenil Teis continuará na Superliga 2 a próxima tempada

xuvenil teisA próxima tempada 2016/17 o C.V. Xuvenil Teis volverá a participar na Superliga2 tras facer efectivo o pagamento do aval que lle permite gozar da praza no próximo curso. O equipo quere aproveitar a dispoñibilidade de prazas na categoría na que militou esta campaña 15/16, para o ano que vén poder demostrar como con xogadoras da base se poden conseguir cousas moi grandes neste deporte.