Derrota do Xuvenil no primeiro partido da 2ª fase

Imprimir

As rapazas do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo só arrancaron un set no seu primeiro partido da segunda fase contra o equipo barcelonés de Viladecans, aínda que as sensacións foron boas.

O equipo desprazouse con algunhas xuvenís como carolina e Lili, e por fin volveu ao campo Lorena Cruz tras a súa lesión de nocello. As catalás gañaron o primeiro set por 25-19, no segundo set impuxéronse as galegas 23-25, pero no cuarto e no quinto set as de Viladecans impuxéronse con parciais de 25-21 e 25-8.

Os rapaces do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo recibiron ao equipo mallorquino de Bunyola no pavillón de Teis. O partido comezou case cunha hora de atraso por un accidente de tráfico que sufriron os mallorquinos ao saír do aeroporto de Santiago. O equipo de Alberto Bao estivo ao bordo da vitoria pero notáronse as ausencias de Cristóbal, saíu nun par de ocasións para o saque e a de Jorge de la Fuente que por unha viaxe de traballo non puido estar cos seus compañeiros. O primeiro set o cederon por un 20-25, pero o segundo e o terceiro foron para os locais con parciais de 25-20 e 25-18. No cuarto set volveron gañar os mallorquinos poñendo o partido nun 2-2. No quinto set os de Vigo só puideron deixar o marcador en 8 puntos.

C.V. VILADECANS 3
TURISMO DE VIGO XUVENIL DE TEIS 1

Sábado, 27 de febreiro de 2010.