O Xuvenil logrou a segunda vitoria na segunda fase de competición

Imprimir

As xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo sumaron a súa segunda vitoria nesta segunda fase da competición FEV ante o C.V. Sanse.

As xogadoras de Vigo demostraron no primeiro set que podían facer o partido cun pouco de esforzo cun marcador de 25-19 en 26 minutos. No segundo set as de San Sebastián de los Reyes mostraron un lado máis pelexón, pero só conseguiron alcanzar 22 puntos neste set. No terceiro e ante a presión de gañar o partido as xogadoras de Lorena Cruz deixou escapar o set nos últimos instantes cun parcial de 23-25. O cuarto set foi un trámite para xogar o quinto posto que as viguesas só foron capaces de conseguir 6 puntos no seu marcador en tan só 15 minutos. Pero no set definitivo puídose ver un equipo envalentonado e disposto a morrer matando. Ata o canmbio de campo as de Teis ían abaixo no marcador, a partir dese momento colleron as rendas do partido e non deixaron de loitar ata conseguir o definitivo 15-12 que lles proporcionaba a vitoria.

Uns 100 espectadores no pavillón de Teis.
Polo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Lorena Posada, Ana, Lorena Cruz, Carolina, Orballo e Maite, como libre Lili. Tamén xogaron: Susana, Asia e Alma.
Polo C.V. Sanse xogaron: Moreno, Ramírez, Carrero, Bros, Hernández e Louro, como libre Arroyo. Tamén jugarom: López, Georgieva, Sanz, García.