Cabecera Vide

Segunda vitoria do Turismo de Vigo na segunda fase do campionato

Segunda vitoria da segunda fase do equipo feminino do C.V. Xuvenil de Teis na segunda fase da liga FEV. O encontro disputado ante o C.V. Alcorcón no pavillón de Teis comezou con dous sets a favor das locais, o primeiro en 15 minutos e cun marcador de 25-14 e o segundo en 25 minutos cun marcador de 25-223.

Ante a situación de vantaxe as xogadoras de Vigo relaxáronse cedendo eltercer set en 24 minutos cun parcial de 23-25. No último set, as xogadoras viguesas sacaron boas accións de xogo e anotáronse o set cun apertado resultado de 26-24.

Polo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Lorena Posada, Ana, Lorena Cruz, Orballo, Alma e Maite, como libre Lili. Tamén xogaron: Susana, Sabela e Candea.
Polo C.V: Alcorcón xogaron: Del Monte, Romeiro, Moreno, Jovanovicias, Ciassaez, Heras como libre Castro. Tamén xogaron: Barrios e Castro.

A próxima xornada o equipo recibe ao Viladecans no pavillón de Teis ás 18:15 horas.