Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Aprazado o encontro que debían disputar a pasada fin de semana o CV Xuvenil Teis e o Caep Soria, en terras castelás. O encontro xogarase o 29 de novembro, cando as sorianas visitarán o equipo en Teis e ao Zalaeta.

 

A pesar da derrota, o Xuvenil Teis sumou onte na súa cancha o primeiro punto ao caer derrotado por 2-3 fronte ao Universidade de Valladolid. Carlos Veloso contou con todas as rapazas pero foron por detrás todo o partido caendo con claridade. Esta fin de semana xogarán en Soria, no cuarto partido da tempada.

 

xuvenilNunha cancha sempre complicada, a do RGC Covadonga de Gijón, as rapazas do Xuvenil Teis, de superliga 2, non puideron estrear a cuadrícula de vitorias na última xornada. As asturianas foron moi superiores, levándose o seu primeiro triunfo da tempada ante as nosas en tres sets.

 

O Xuvenil Teis caeu derrotado no recén remodelado pavillón de Teis ante o Emevé de Lugo (0-3). Encontro con clara superioridade das visitantes que pagaron a xuventude e os nervios de inicio de tempada. A próxima xornada as de Teis desprázanse a terras asturianas para enfrontarse ao RGC Covagonga.

 

Primeiro amigable da pretempada para o Xuvenil Teis que caeu derrotado na súa visita ao AVC de Famaliçao portugués. A pesar da derrota as viguesas fixeron un bo partido.