Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

O Ibericar Turboatracción Xuvenil Teis organiza o Campionato Galego de categoría cadete, esta fin de semana no pavillón de Coia, posto que o pavillón de Teis, sede do club, segue en obras. O sábado en horario de mañá e tarde, e o domingo pola mañá, disputaranse os encontros que enfrontan os catro mellores equipos galegos da categoría.

 

20150414 xuvenilO alcalde de Vigo asinou un convenio de colaboración co C.D. Xuvenil de Teis por valor de 23.000 euros. O rexedor explicou que esta é a única fonte de ingreso do clube e confía en que lle permita manter a súa presenza "con gran nivel deportivo".

 

En primeiro lugar destacar a participación de cinco xogadoras nos Campionatos de España por autonomías disputados a semana pasada en Valladolid. No equipo infantil participaron Sara e Nayeli que obtiveron a novena praza neste campionato.

 

A xogadora infantil, Sara Urrea, foi seleccionado entre as xogadoras españolas de menos de 16 anos para participar o próximo 27 de marzo en Soria, na concentración e partidos amigables que se desenvolverán nesta concentración. A xogadora infantil, do Secredo Galaico Xuvenil Teis, a tempada próxima será de categoría cadete e poderá formar parte das xogadoras que participen en Superliga2, para axudar ás súas compañeiras a conseguir máis triunfos.

 

O equipo de Teis, aínda no seu desterro de Coia, deixou un grande sabor de boca a la afección. O Secreto Galaico Xuvenil Teis plantou cara ao líder C.V. Torrelavega conseguindo un 1-3. A festa estaba servida na bancada con regalos do patrocinador Secreto Galaico e camisetas do club que as xogadoras repartiron durante o partido.