Colaboradores
- Detalles
Aínda que para este encontro se desprazou Alejandra Simón Marta, para unirse ás súas compañeiras do Secreto Galaico Xuvenil Teis, no partido ante o Fisiomás Zalaeta, e foi a máxima anotadora do seu equipo, a vitoria quedou no Barrio das Flores. Conseguindo así as coruñesas un pleno de vitorias na casa.
- Detalles
Volverán verse as caras o Fisiomás Zalaeta e o Secreto Galaico Xuvenil Teis mañá a partir das 19:00 horas no pavillón do Barrio das Flores de A Coruña. O encontro presenta ás coruñesas como terceiras clasificadas e ás viguesas como sétimas. As xogadoras de Zalaeta seguen loitando por unha praza para o ascenso á Superliga.
- Detalles
O traslado a Coia trouxo unha boa noticia para as xogadoras do Secreto Galaico Xuvenil Teis, unha nova vitoria por 3-0. O partido contra Duero Proyel Rivas C. Deporte devolveu a confianza ás xogadoras de Teis. A quinta vitoria da tempada coloca as viguesas na sétima posición a falta de dous partidos para rematar a liga regular. Os partidos que restan son contra dous equipos que ocupan dos das tres primeiras prazas.
- Detalles
A visita a Tenerife só deixou unha derrota para o Secreto Galaico Xuvenil Teis. As xogadoras do Fígaro Haris Tenerife, fixeron valer a súa segunda posición na clasificación e o factor cancha para rematar coas galegas cun 3-0 rápido. Os parciais non deixaron reaccionar ás viguesas e foron todos curtos.
- Detalles
Loitada e merecida vitoria das xogadoras do Segredo Galaico ante o equipo de Torrejón por un axustado 3-2. A evolución no nivel de xogo faise ver en cada partido, e os froitos aparecen cunha vitoria que ao principio parecía máis doado ao empezar o partido cun 2-0 en sets cómodo para as locais.Os parciais nos dous primeiros sets 25-16 e 25-20, presaxiaban un partido rápido.