Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Mañá sábado da comezo a tempada 2014/15 da Superliga Feminina 2 de voleibol. O Xuvenil de Teis vai presentar ao seu novo patrocinador, Secreto Galaico, marca de produtos galegos. Desta forma, a nova denominación do equipo vigués para a competicón será Secreto Galaico Xuvenil Teis.

 

xuvenilA Copa Galicia de voleibol feminino 2014 xa coñece ao seu campión. O pasado domingo o pavillón de Lugo acolleu a competición, que sobre as 17.00 horas abría a última xornada. A Copa estaba máis clara neste apartado, co Emevé por diante tras bater os seus contrincantes, Xuvenil de Teis e Fisiomás Zalaeta, nas concentracións previas.

 

xuvenilVolve a emoción das finais coperas, e nesta ocasión por "partida tripla", xa que ademais do campión de Copa Galicia, se decidirán esta fin de semana tamén os gañadores de la I Edición de Copa Federación e Copa Promesas.

 

plantilla_xuvenilDurante a celebración da segunda xornada da Copa Galicia, o C.V Xuvenil Teis conseguiu a súa primeira vitoria ante o equipo de Fisiomás Zalaeta por 2-1, modelo deste ano da competición desenvolvido en triangulares. A vitoria das xogadora de Arlindo Miranda, novo técnico do equipo vigués, chegou no terceiro partido da xornada que se iniciaba co partido do C.V. Xuveni Teis e o Emevé de Lugo.

 

Final_cto_galeego_cadete_2014Durante a xornada do sábado disputouse no pavillón de Coia o Campionato Galego de voleibol da categoría cadete feminina. A esta xornada chegaron os catro primeiros clasificados da Liga Regular. Pola mañá, as semifinais resolvéronse con rápidos 3-0 de Emeve ante Calasancias e do C.V. Xuvenil Teis ante A.D. A Pinguela.