Colaboradores
- Detalles
Tras o bo xogo despregado nas últimas semanas polo C.V. Xuvenil Teis, conseguindo a segunda vitoria da tempada ao enfrontarse ao Fisiomás Zalaeta, non puido repetir a fazaña. As coruñesas, cuartas na clasificación, foron por diante en todo o desenvolvemento dos dous primeiros sets, así os resultados foron 25-19 no primeiro e 25-18 no segundo.
- Detalles
O Xuvenil Teis, despois de gañar na pasada xornada ao A.D. La Curtidora, desprázase esta fin de semana a Coruña para enfrontarse ao Fisiomás Zalaeta. O encontro será o domingo, no pavillón do Barrio das Flores. As xogadoras de Celso Veloso subiron o seu nivel de xogo, sobre todo melloraron a efectividade do seu saque. Mostra diso é que a capitana, Lorena Cruz, é a mellor sacadora da xornada con 9 puntos directos de saque no último partido.
- Detalles
O traballo por fin deu os seus froitos e a segunda vitoria da tempada aterrou no pavillón de Teis. O pasado sábado e ante cen espectadores o C.V. Xuvenil Teis gañou por un 3-1 ao AD La Curtidora. O primeiro set, foi por diante sempre o equipo de Tei, comezando cun 4-0 co saque de Rosana Conde. Logo nos dous tempos técnicos o equipo local seguía por diante con parciais de 8-4 e 16-10. E foron capaces de conseguir a vitoria por un 25-21.
- Detalles
A vitoria da primeira volta non se puido repetir na visita do C.V. Xuvenil Teis a Torrelavega. Nos dous primeiros sets as locais fixeron valer a súa primeira posición na táboa deixando as de Teis con parciais bastante curtos. Un 25-14 no primeiro set e un 25-17 no segundo facían presaxiar un 3-0 rápido. Pero no terceiro set as xogadoras de Veloso colleron a iniciativa para apertalo un pouco as roscas ao líder. O set resolveuse cun apertado e longo marcador 30-28. As xogadoras de Teis seguirán intentando conseguir a segunda vitoria da tempada nalgún dos tres partidos de liga que restan.,
- Detalles
Derrota do Xuvenil Teis ante o Sant Boi por 0-3. Por segunda vez nesta liga, o partido do do pavillón de Teis tívose que trasladar ao pavillón de Coia que aguanta as inclemencias do tempo. Como nos partidos anteriores, a nota xeral foi que as locais dominaban no marcador ata o segundo tempo técnico e que a partir de aí o set se ofrecía amablemente ao outro equipo. O parcial no primeiro set foi o máis folgado para as catalás por 20-25.