Nova vitoria do Olivo

Imprimir

O partido comezou cun minuto de silencio en memoria do antigo presidente do Erizana C.F., un bonito xesto por parte de ambos os dous equipos e de todos os afeccionados alí presentes.

Partido disputado nunha mañá soleada pero con moito frío ao igual que o primeiro terzo do encontro e marcado polo protagonismo que quixo ter o colexiado do partido, sen chegadas por parte de ningún dos dous equipos, no minuto 20' empezaría o espectáculo arbitral; falta a favor das olívicas que saca Tuy e Loreto é placada, coma se dun partido de rugby se tratase, dentro do area, o árbitro non sinala nada e advirte á xogadora local.

Nos tres minutos seguintes comezaría o espectáculo, tres faltas cometidas polas locais "serían recompensadas" con tarxetas amarelas para as infractoras, tres faltas normais, sen perigo e en medio campo, demasiado castigo para esas infraccións. Na seguinte xogada Sara Tuy é zanquidilleada ao bordo da área de forma clara e o árbitro non sinalou nada, en canto saíu o balón fose tubieron que entrar as asistencias para atender a xogadora local. Ao cadro vigués só quedáballe resignarse e seguir facendo o seu xogo, xa que sabían que en xogo de choque terían as de perder, e así foi os olívicas comezaron a tocar o balón pero sen ter oportunidades claras sobre a meta visitante.

Tras a reanudación as verdes saíron con ganas de abrir o marcador, Tuy no primeiro minuto lanza dende fóra da área e Lombi dous minutos máis tarde se anticipa á porteira pero o seu remate sae rozando o pau. pero o mellor estaba por chegar, minuto 71', balón en profuncidad a Lombi que é desviado a corner, o señor colexiado sinala saque de meta e Lombi protéstalle enseñandole este dous amarelas seguidas e a conseguinte vermella, na seguinte xogada Tuy é agredida por unha xogadora rival dándole un golpe na caluga cando Tuy xa non tenia o balón, o xuíz da contenda sinala a falta e móstralle só tarxeta amarela á xugadora visitante.

Nese momento o partido estaba roto, podía chegar o gol en calquera momento, e así foi, clo que levaba 10' sobre o campo pelexa un balón coas dúas centrais e bate cruzado a Ana D. De aquí ao minuto 90' o partido seguiu sendo do olivo, pero un balón en profundidade do Erizana que meli deixa saír pola línea de fondo é transformado polo colexiado en saque de esquina, este é executado polo Erizana e na área comenten falta en ataque derrubando novamente a Tuy, algo ao que o árbitro fai caso omiso e é rematado por Ana A. libre de marca. Parecía que ía rematar así o partido e que o olivo perdería o liderado, pero a casta e a pouta destas xogadoras é doutra madeira e non podían deixar escapar os primeiros puntos do "pahiño", e así foi, no 93' albita sácase un tiro dende a frontal, é rexeitado pola porteira Ana D. e Alex atenta ao rexeite, mete o pé para subir o 2-1 ao electrónico de Navia e pechar así o partido.

O próximo partido o F.P.R. O Olivo desprazarase a xogar a Salamanca fronte a o Navega C.F., outro dos equipos novos da categoría.