O Olivo volve picar no desconto

Imprimir

olivoPartido disputado nunha mañá chuviosa. O cadro olívico saltaba o sintético de "A Torre" cun obxectivo claro, dominar o partido de principio a fin tanto en xogo coma no marcador.

E así foi, as pupilas de Edu González saíron en tromba e xa no primeiro minuto de xogo creaban unha clara ocasión, por outro lado, as coruñesas sabían cual era o seu labor, para o xogo olívico de calquera modo, aos 35' do inicio do partido Patri realiza unha fea entrada a ana que podía ser expulsión e o colexiado nin tan siquiera amoestou, toda a primeira metade foi igual, O Olivo xogaba ao fútbol e o orzan destruía, O Olivo creaba ocasións e o Orzan non chegaba ás inmediacións de carlota, tan mala sorte tiña o conxunto vigués que na primeira parte desaproveitaron ata cinco ocasións de gol antes de que no 42' Anair subise o 0-1 tras un grande centro de Loreto. Así a chego ao ecuador do partido.

Tras a reanudación máis do mesmo O Olivo creaba ocasións pero o esférico non quería entrar, e cando perdoas sabe o que pasa, outras catro ocasións na segunda parte, foi no desconto, minuto 94, e outra vez, ao igual que sucedese fai 15 dias en terras burgalesas, tras unha falta lateral en tres cuartos de campo, despexa a carlota e o balón cáelle a Patri que solo ten que empurrar o balón.

O Olivo non pode fallar máis, quedan catro xornadas e ten que gañar os catro partidos, seguen dependendo de elas mesmas, Pontevedra, Ponferrada e León na casa e Friol como visitante, estas son as finais que deben disputar as viguesas para facerse por segunda vez na súa historia co titulo de liga de 1ª nacional e xogar a fase de ascenso a superliga.

O próximo domingo día 20/03, a partir das 12:15 O Olivo xogará o clásico fronte ao Pontevedra C.F. no novo Pahiño, un campo que ten que ter un cheo para levar en volandas as olívicas na súa loita polo título de liga.

Árbitros (A Coruña):
- Daniel Pérez Montouto   
- Francisco Cousillas (auxilar)
- Sergio Rodríguez (auxiliar)
Amoestacións:
- Orzán s.d.: Silvia (44' am); Elena (75' am); Marta (88' am); José Manuel Rocha (40' am)(delegado); Manuel Sánchez (88' r)(entrenador)

- F.P.R. O Olivo: Loreto (65' am); Tuy (69' am); Carlota (87' am); Miriam (89' am).
Goles: 0-1 Ana (13'); 0-2 Tuy (89').
Campo: "A Torre" ante uns 150 espectadores mais da metade seguidores das olívicas que se desprazaron ata a capital coruñesa para animar ao seu equipo.