Cabecera Vide

O Municipal Pahiño decidirá o domingo entre El Olivo e Ponferrada para a fase de ascenso

1276173857naviaO novo complexo deportivo de Navia volverá ser escenario dun choque de altos voos.

Será este domingo (12:15 horas) co partido do grupo II de 1ª Nacional de fútbol feminino, xa que xogan El Olivo (segundo) contra Ponferrada (líder).

Os aspirantes porán o título en xogo a pesar de que despois aínda restarán por disputarse dúas xornadas máis.

El Olivo leva xogando en Navia dende o 3 de outubro, cando se impuxo ao Barbadás, gañando polo de agora todos os partidos en casa.

Aínda que na primeira xornada xogou e gañou en Monte da Mina, o seu antigo campo, xa disputou dez encontros no Municipal Manuel Fernández "Pahiño", con dez triunfos, 36 goles a favor e 4 en contra, marcados por Pontevedra (2), Nuestra Señora de Belén e Erizana.

Ata a data, ningún dos tres equipos do programa Siareiros Elite que competiron nas súas instalacións (Celta Indepo, Octavio e El Olivo) cederon no xa populoso barrio vigués.

Un autobús de afeccionados a Vigo. En Ponferrada saben da importancia do choque e queren dar resposta á calidade do partido. Co fin de que as xogadoras do equipo berciano estean apoiadas dende a bancada, o club organizou unha viaxe a Vigo. A viaxe de afeccionados partirá ás 7.45 horas desde Ponferrada (avenida de la Lealtad). O club editou uns carteis que colocará pola cidade para dar publicidade a este desprazamento. O prezo da viaxe simple é de 15 euros e ofrécese a posibilidade dun paquete de viaxe e comida, que ascende a 25 euros.

El Olivo Novacaixagalicia cedeu a primeira praza ao Ponferrada 100 o 27 de febreiro, logo de liderar a clasificación desde novembro e non coñece a derrota, aínda que cedeu catro empates a domicilio.

O Ponferrada 100 é o mellor visitante do campionato. Lonxe do Colomán Trabado xogou 11 partidos, nos que suma 10 vitorias e un empate (3-3) ante o Escola de Mareo en outubro. Un empate abonda ás de Tito Fernández para ter o título feito. El Olivo necesita unha vitoria aínda que sexa pola mínima.