O Olivo fai o partido da súa vida e volve ao máis alto da clasificación

Imprimir

Un graderio onde non cabía nin un alfinete fixo voar ás rapazas do Olivo sobre o sintético de Navia, sabían o que xogaban e só lles valía a vitoria, levaban toda a semana esperando ao domingo ás 12:15 para que Costas Soto sinalase o comezo do partido, e así foi, concienciadas, unidas, sacrificadas, loitadoras, pero sobre todo compañeiras, este Olivo é diferente e crécense ante as adversidades.

Avisaron no primeiro minuto, e na primeira ocasión clara da que dispuxeron no minuto 6 non fallaron, Loreto mételle un gran pase en profundidade a Lombi que saca un magnifico tiro cruzado ante ronsel para subir o 0-1 ao electrónico de Navia, marcador que a próstrea sería definitivo.

As de Edu González fixeron unha piña na celebración ao lado dunha bancada que gozaba e saltaba de alegría como nunca. O equipo vigués sabía que tiña que seguir xogando igual para que non se lle truncase o partido, as de Tito Fernández non reaccionaban e seguían coa súa formulación inicial de esperar e saír á contra, por o seu contra, as olívicas seguían coa súa presión e impedían que lle chegasen balóns a Eva e Natalia, máximas goleadoras da categoría, algún lanzamento dende fóra da área que carlota detenia sen dificultades eran os argumentos das visitantes. As verdes seguían co seu traballo e Lombi tivo dúas oportunidades para subir algún gol máis ao marcador, unha vaselina ante Ronsel que se vai fóra por pouco e un tiro á cepa do poste fixeron cantar dous "goluhiiiiii" á bancada do Pahiño, os afeccionados se divertian e seguian animando. Así se chegaría ao descanso do partido.

Tras a reanudación o Ponferrada 100 salgue en tromba para intentar empatar o partido pero nada mais lonxe da realidade, Ana rouba balón en medio campo, pásallo a Lombi e esta vaise da súa marca e tira marchándose o balón rozando o poste. Este susto fixo que as xogadoras visitantes non se fosen tan arriba como pretendían. O Olivo seguía manexando o partido ao seu antollo e creando as ocasións, un lanzamento ao longueiro de Ana e outro de clo en senllos saques de esquina fixeron subir a tension ao graderio do Pahiño, outro tiro de Lombi á cepa do poste volveu deixar co mel nos labios ao respectable, por outro lado as bercianas solo chegaron tras un roubo de balón sobre Albita e que a defensa local despexa o balón dentro da área. Nos minutos finais e xa xogando os dous equipos con 10 xogadoras a preocupación apoderouse dos asistentes ao partido, era o minuto 94' e o Ponferrada tiña un corner a favor e a case todo o mundo lle veu a imaxe dos empates de Burgos e Coruña, a defensa solucionou o perigo cunha grande actuación e o xúbilo chegou cando Costas Soto decretaba o final do partido e os 1200 afeccionados que estaban o Pahiño poñíanse de pé para agradecer ás xogadoras o marabilloso espectáculo do que se puido gozar na mañá do domigo. 1-0, tres puntos, liderado e con moitas posibilidades, aínda quedan dous partidos o próximo moi importante contra o Friol en Lugo dentro de 15 días (hai parón polos compromisos da selección española sub-19), de conseguir o título de liga e optar a xogar a fase de asceno a 1ª división española.