Cabecera Vide

O Olivo Novacaixagalicia non decepcionou no seu debut na máxima categoría

olivo_septiembre_2011Partido moi igualado, a pesar do resultado en contra de 0-1 para as viguesas, con ocasións para ambos os dous equipos. O Olivo na primeira parte sae repregado e serio en defensa, dominio en medio campo do equipo visitante. No minuto 31 a dianteira do Sant Gabriel cristina logra o primeiro tanto para o equipo catalán.

Co 0-1 chegouse ao descanso, un resultado que resumía o visto sobre o terreo de xogo: moita motivación por parte das galegas e unha maior posesión para as adrianenses.

Na segunda metade a decoración variou e o Olivo dominou creando serios problemas en ao portal de Marina. A porteira adrianense consegue deter un penalti a favor das locais, evitando así o empate.

A pesar da igualdade, o Sangra ha sabido impoñer a súa maior experiencia na categoría para poñerse por diante no marcador e levar os tres puntos de Vigo.

O Olivo non decepcionou, dando en todo momento a cara ante un equipo que a pasada tempada quedo sexto.

O equipo xa está a pensar no seu próximo encontro co Rallo Vallecano, en partido correspondente á segunda xornada do campionato nacional que se disputará o próximo domingo en Madrid.