Cabecera Vide

A apisoadora do Rayo pasa por enriba do Olivo

olivopahinosep11O Raio pasou por enriba do Olivo sen piedade na ciudade deportiva Fundación Rayo Vallecano ante 200 persoas. O pequeno David atopouse con Goliat. As rapazas do Novacaixagalicia encaixaron dez goles das madrileñas.

Os tres primeiros goles afundiron ao equipo vigués que non soubo reaccionar, os fallos dunha defensa descoñecida do Olivo engadidos ao mal día de Carlota, a porteira, fixeron que se fosen ao descanso cun 4 a 0. O Olivo saíu asustado ao campo Vallecano.

Xa na segunda parte as de Quin foron incapaces de soportalo e foron caendo os goles uns tras outro, o Raio que leva preparando dende hai dous meses a Copa de Europa que o vai enfrontar ao Arsenal, e conta entre as súas xogadoras coa guineana Jade e Natalia que sentenciaron o partido.

O Olivo deberá repoñerse nesta semana de descanso e subir a moral xa que os próximos encontros, ante o Levante e Barcelona están á volta da esquina.