O Olivo recibe a outro dos grandes do campionato

Imprimir

olivo_aplausoTras o descanso ligueiro da pasada fin de semana polos compromisos da selección, esta fin de semana continúase a competición da primeira División Feminina recibindo ao Levante.

O Olivo enfróntase o próximo domingo ás 12:30, no campo municipal M. Pahiño en Navia, ao Levante U. D., outro rival forte da categoría, despois dunha dolorosa derrota ante o campión da superliga será un bo momento para que as xogadoras de Quin planten cara un rival complicado, con seguridade e madureza. Un bo resultado daría as olívicas confianza á hora de afrontar os próximos encontros que non van ser doados.

O equipo ha de gañar experiencia e solidez defensiva, aspecto que é moi importante para afrontar unha tempada moi longa na que nos tocará traballar duro para manterse fóra dos postos de descenso.