O Olivo gaña ao Alerta no partido de ida da Copa Vigo

Imprimir

As rapazas do Olivo venceron onte, en partido de ida da semifinal da Copa Vigo, ao Alerta Navia por un contundente 9 a 3. A pesar do avultado do resultado, as rapazas que adestra Juan Carlos García "Charly" se foron ao descanso do encontro cun marcador desfavorable de 1 a 3 tras unha actuación soberbia da porteira do Alerta. Aínda que xa están clasificadas para a final, o 15 de xuño en Balaídos, terán que xogar o partido de volta o vindeiro mércores as 21 h. no municipal Pahíño (Navia).

Na primeira parte as visitantes chegaron con moita facilidade á area contraria e tiveron acerto no tiro pero xa comezado o segundo periodo, o Olivo, que xogaba con cinco rapazas do equipo B -Kisi, Alex, Drus, Antía e a porteira Sara- xogaron con máis decisión e dominaron no marcador metendo 8 tantos.