O Olivo viaxa a Gijón

Imprimir

Este domingo, o cadro vigués ten un difícil papel no Campo da Federación Asturiana ao enfrontarse ao Gijón Feminino, clasificado na cuarta posición e que nesta tempada, teñen un equipo feito con moita forza. O Olivo, que leva as tres xornadas xogadas con senllos triunfos, intentará puntuar, xa que o próximo partido tamén o xoga fóra e co líder, Peluquería mixta Friol.

Juan Carlos García " Charly" desprazará dezaseis xogadoras, que sairán o sábado para pasar a noite xa na cidade asturiana en espera do partido do domingo.

Coa única dúbida de "Lombi" a espera do último adestramento, á fronte da expedición irá o secretario xeral,  Juan Carlos Padín Nieto.