Partido no cumio en Friol

Imprimir

O Olivo viaxa a Friol (Lugo) este domingo para xogar o partido, sen dúbida estrela, da segunda División Nacional de fútbol feminino correspondente á quinta xornada. Os dous equipos figuran á fronte da clasificación empatados a 12 puntos, tras gañar todos os encontros da competición, aínda que o Friol ten 7 goles máis a favor.

Juan Carlos García "Charly" poderá contar con todos as xogadoras menos a gardameta Sheila que segue lesionada. Lombi, a pesar do seu úmero malferido, espera xogar.