O Olivo derrota ao Friol de Lugo, no seu campo, por 1-2. Quinta xornada de liga nun partido con primeiro e segundo clasificado da táboa onde se xogaban máis de 3 puntos, chegaba tanto o Friol coma o Olivo invictos a este encontro. Os dous equipos cos seus catro partidos gañados, o equipo que fose capaz de levar o partido quedaría como lider da clasificación.

Unha primeira parte frouxa por parte do equipo vigués que non era capaz de atopar o seu xogo cun bo Friol tendo a posesión do balón e creando as xogadas de perigo, pero non eran capaces de abrir o marcador e asi fóronse ao descanso.

Na segunda parte todo cambiou e as rapazas do Olivo sairon con outra diferente mentalidade ao campo e queréndose levar os tres puntos para Vigo. Así chegou o gol de Natalia ao pouco de empezar a segunda parte, as de Charly seguían creando perigo e creando varias ocasións do gol ata que chegou o segundo tanto do partido e así chegaríase ata o minuto 90, onde o Friol recortaría distancias a saque dun corner, pero xa non lle quedaría máis tempo e así chegaríase ao final do partido.