O equipo pontevedrés figura no sexto posto da clasificación con 14 puntos e aínda non perdeu ningún partido pero se empatou en cinco ocasións. Parece que o Olivo está chamado a romper a imbatibilidade do club. Charly recupera para este partido a Ceci pero perde a Cris lesionada no último encontro, debido a unha lesión importante no nocello que tivo que ser enxesado.

Terá para 5 ou 6 semanas de baixa. As súas compañeiras queren dedicarlle a vitoria e conservar a imbatibilidade.

O Bertola foi o primeiro equipo da internacional Ana Buceta.

PARTIDO XORNADA 9 DE FÚTBOL FEMININO 1ª NACIONAL
BERTOLA FEMININO C.F. - OLIVO
DIA: 17 DE NOVEMBRO HORA: 12:00 MAÑÁ
CAMPO: Campo de fútbol "O CABALO" Santa Cristina (Vilaboa)