Dez xornadas e dez vitorias e a renda das rapazas do Olivo esta tempada. As viguesas, viaxan a Salamanca para enfrontarse o domingo ao equipo local, ás 12.30 h. no Campo Municipal Vicente del Bosque, en busca de seguir invictas. O equipo charro figura no quinto posto da táboa con dezaoito puntos. As rapazas de Charly enfróntanse ao frio e a un campo moi ruidoso e descoñecido para intentar regresar a Vigo aínda co seu título de equipo imbatido en once xormadas.

O grande problema do equipo vigués son todas as baixas que sobrevoan á plantilla: Crisa debe ser operada, Alex Pichel é baixa, Loreto é dúbida e Carolina está entre algodóns.