O Olivo segue imparable. Onte, no Municipal Pahíño, venceu ao Sárdoma por 3-1. Bo fútbol o que se viviu en Navia cun Sárdoma que plantoulle cara ao líder da competición. A Segunda División de fútbol feminino fai un paro de Nadal ata o próximo 12 de xaneiro.  As rapazas de Juan Carlos García "Charly" enfrontaranse, en terras leonesas, ao o C.D. Ponferrada Fútbol.