Cabecera Vide

As campionas do Olivo reciben ao Salamanca

O Olivo, campión da competición, recibe ao Salamanca (domingo, 12.15 h. no Municipal Pahíño), terceiro clasificado con 41 puntos e un equipo que practica un fútbol moi directo ao ataque. Na primeira volta no "Vicente del Bosque" (Salamanca) xa foille moi difícil gañar ao equipo vigués que tivo que empregarse a fondo.

Juan C. García "Charlie" seguirá preparando esquemas e tácticas de cara aos playoff do mes de xuño, onde as viguesas son unhas das favoritas para o ascenso.

O club está a chamar a todas as portas para tratar de conseguir un patrocinador que faga máis levadeiros os gastos do ascenso.        

Antes do partido, o equipo fará a corredora ás xogadoras do equipo B que quedaron campioas da 2ª división autonómica ascendendo a 1ª. O delegado en Vigo da Federación Galega, fará entrega da copa de campioas á capitana do Olivo.