El Olivo xogase o ascenso este domingo en Navia

Imprimir

Este domingo día 18,  no Municipal Pahiño, ás 10:45 h. xogarase o partido de ida para a fase de ascenso a Primeira División Nacional entre El Olivo e o C.D. Granadilla (equipo de Tenerife Sur). O equipo tinerfeño preséntase en Vigo cuns resultados na súa Liga que asustan: de 22 partidos xogados, 22 gañados (non perderon nin un partido), 177 goles a favor e solo 3 en contra, e 66 puntos en total.  É un equipo que no mercado de inverno fichou dúas xogadoras do San Gabriel de Primeira División e que son internacionais.

Pero as rapazas do Olivo tamén ten moi bos resultados e no Municipal Pahiño ten a súa gran baza, son intratables é o campo de casa é o seu gran talismán. Charli conta con todo o equipo aínda que Carla González e Albita están algo tocadas. O club a enviado convites a todas as forzas vivas da cidade e espera un cheo en Navia. Vigo necesita que o seu equipo feminino volva a primeira como a grande cidade que é.