Partido de volta do Olivo na súa loita polo ascenso

Imprimir

El Olivo viaxa este sábado a Tenerife para enfrontarse, no partido de volta na fase de ascenso á Primeira División de fútbol feminino, ao Granadilla Tenerife Sur, o domingo, ás 12 h. no estadio Francisco Suárez. Despois do 2-0 da ida, o club vigués xogará este partido coa idea de remontar o resultado e que a sorte non lles sexa tan esquiva como o pasado domingo en Pahiño.

Charli conta con todas as xogadoras coa dúbida de Sara Tui, que estivo ingresada 2 días por culpa dun forte golpe recibido no partido de ida.  Confíase en que poida entrar no 11 titular. O mister terá que facer 4 descartes no mesmo campo que verán o partido dende a grada. O club decidiu viaxar con todo o equipo como premio á grande tempada que realizaron.

O peor deste desprazamento é o regreso, Tenerife - Madrid e despois toda a noite en autobús dende Madrid para chegar  Vigo sobre as 6:00 da mañá do luns. Todo un maratón por falta de voos.

Co equipo tamén viaxase o Secretario Xeral, Juan C. Padín, que irá á fronte da expedición.