Cabecera Vide

Triunfo de El Olivo ante o Erizana

Victoria pola mínima de El Olivo ante o Erizana (0-1), no campo do Vilariño, debido á festa da Arribada de Baiona. Boa defensa do equipo local pero Carol resolveu no segundo tempo e deulle os puntos ao equipo vigués, que se sitúa a unha vitoria do título ligueiro. A próxima xornada El Olivo recibe o SD Villestro. O encontro será o domingo 15, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.