O Universidade de Vigo vai preparar dende o vindeiro día 17 o seu sétimo ano na División de Honra B do rugby

Imprimir

monrealOs equipos senior masculinos do Vigo Rugby Club comezarán a pretempada o vindeiro 17 de agosto ás 20.30 horas nas instalacións do Club de Campo de Vigo, no Vao.

 

Para o Universidade de Vigo será a nova a sétima campaña consecutiva na División de Honra B tras conquerir a permanencia hai uns meses. O primeiro equipo, baixo a dirección de David Monreal (Ourense, 1976), que chega dende Nova Zelandia tanto como adestrador do primeiro equipo como director deportivo de todo o club, xa confirmou ata tres encontros amigables de preparación ao longo do mes de setembro. O adestrador é novo, aínda que con moita experiencia, e o Uvigo espera nas vindeiras datas desvelar varios aspectos do novo exercicio, no que o club, fundado no ano 1988, quere presentar un patrocinador e algunha fichaxe importante. O club vigués é o máis importante de Galicia e comezará o campionato en outubro, diante do Barcelona Universitari Club. O 30 de xaneiro xogarase a xornada 14, a derradeira do campionato, e o Vigo Rugby pechará o torneo en casa fronte ao FC Barcelona.

Para coñecer a David Monreal (38.92 kB)

Calendario DHB rugby 10/11 (18.45 kB)

 

Partidos de preparación

4 de setembro. Vigo. Uvigo-Lalín RC. 17:00 horas.

11 de setembro. Valladolid. Valladolid RAC / CR Cisneros / Uvigo. 17:00 horas. Festas de Valladolid.

18 setembro. Vigo. Uvigo-CR Arcos de Valdevez. 17:00 horas. Campus de As Lagoas-Marcosende.