David Monreal, adestrador de Iveco Universidade: "Os xogadores amosan que queren subir de nivel"

Imprimir

primer-entrenamientovigorugXa se cumpren 10 días do comezo da pretempada do Iveco Universidade Vigo Rugby durante as cales David Monreal, o novo adestrador, puido sacar as súas primeiras impresións.

-Na primeira toma de contacto no estritamente deportivo, cal foi a impresión?
-No equipo dende o principio a conexión entre adestradores e xogadores foi moi boa, dende un principio amosaron a súa paixón polo rugby e que están dispostos a mellorar e adestrar duro para subir o nivel.

-Con respecto á actitude dos xogadores e tendo en conta que o noso deporte é case amateur, que nos podes comentar?
-A actitude dos xogadores é envexable, despois dos seus traballos veñen aos adestramentos, algúns dende A Coruña, outros de Cambados e Vilagarcía, con moita ilusión sabendo que vai facer un adestro físico, destacando tamén a confianza depositada no corpo técnico, e as ganas demostradas en mellorar en cada adestramento.

-Que é o que se pretende mellorar nesta etapa de inicio de tempada no Iveco Universidade?
-O que se pretende mellorar é a técnica, a forma física, ao igual que aspectos de equipo nos que todos teñan responsabilidades dentro do campo, promovendo un ambiente de club onde valoremos a todos por igual, formando unha gran familia.

-Que xogador/xogadores do equipo máis impresión che causaron?
-Aínda que é difícil xa que levamos só uns poucos adestramentos pero se poden nomear algúns:

Adrián Fernández, proveniente de Los Ingleses de Vilagarcía: ten un físico impresionante e no xogo desenvólvese moi ben, co que facendo un traballo axeitado poderemos conseguir a curto prazo formalo para ser un pilier de categoría internacional.

José María Fernández, o noso capitán, que é un xogador exemplar, que o dá todo en cada adestro e fai que o equipo o siga.

Joaquín Maguna (en idade xuvenil) é un xogador que podería dicirse que é o máis técnico e habilidoso do equipo que se se sacrifica, e fai a preparación física de ximnasio adecuada pola súa conta, pode chegar a xogar a calquera nivel.

Iván Conti creo vai a desempeñar un bo rol dentro do equipo.

Aínda que en cada adestramento, a medida que os descubro, aparecen cousas interesantes en moitos dos xogadores.

-Cando se empezará coa táctica?
-O martes pasado empezamos a introducir a defensa e segundo vaiamos asimilando o sistema defensivo iremos cambiando e engadindo outras variantes. Non podemos pretender correr cando aínda estamos a gatear.

-Algunha anécdota con respecto a algún dos xogadores?
-No primeiro adestramento presentouse como novo xogador do Iveco Universidade Vass, un rapaz de Senegal de 22 anos, que é o máis alto do equipo con 2,05 metros. Aínda ten que aprender algunhas facetas do xogo pero cando o vi chegar díxenlle: "Bro, ti es o máis alto do equipo!".