vigorugbyO próximo sábado 11 de setembro o Iveco Universidade Vigo RC desprazarase a Valladolid para disputar un triangular co segundo equipo de VRAC Queixos Entrepinares (milita na División de Honra) e co Club de Rugby Cisneros de Madrid (División de Honra B).

Os devanditos partidos continúan sendo parte da pretempada e permítenlle ao adestrador David Monreal ir definindo o equipo titular para a súa participación no torneo da División de Honra B española.

Pola súa banda, o segundo equipo formará parte da expedición e enfrontarase ao segundo equipo de CR Cisneros no que será o seu primeiro partido amigable previo ao torneo da Primeira Rexional de Galicia.