Boas sensacións do Iveco Universidade no triangular amigable en Valladolid

Imprimir

vigorugbywebO Iveco Universidade Vigo RC e o seu segundo equipo, participaron de senllos triangulares xogados no Estadio Pepe Rojo, da cidade de Valladolid.

No primeiro partido, o conxunto de David Monreal, superou ao segundo equipo de VRAC Queixos Entrepinares 19 a 0, mentres que na segunda presentación, caeu derrotado ante o C.R.Cisneros por 21 a 7.

Ambos os dous partidos foron divididos en dous tempos de 20 minutos, onde os adestradores Monreal e Maxwell, que segue na súa posta a punto, puideron seguir coa busca do equipo para o torneo de División de Honra B que comezará en outubro.

En ambos os dous partidos disputados o Iveco Universidade Vigo RC utilizou aos seguintes xogadores: Ignacio Román, Oscar Ferreras, Adrián Fernández, José María Fernández, Mariano Berlande, Iván Conti, Agustín Bargiela, Francisco Usero, Federico Carrara, Jon Arrizabalaga, Mauro González, Alberto Campos Fonseca, Carlos De Cabo, Iker Arraztoa, Manuel Lago, Vicente Prieto, Gustavo Gainzarain, Fernando Millara, Guillermo Pérez e Leonardo Bulacio.

Pola súa banda, o segundo equipo enfrontou aos veteranos de El Salvador conseguindo unha vitoria 14 a 12 e logo pechou a súa actividade ante a segunda formación de Cisneros coa cal caeu derrotado.

Nos seus partidos, xogaron Gonzalo Vázquez, Uxío Caride, Cristian González, Luis Gómez, Juan Villar, Juan Manuel Rodríguez, Iván Martínez, Vicente Prieto, Carlos López Marqués, Guillermo Pérez, Adrián Mato, Diego Dolan, Anxo Varela, Jesús Trillo, Manuel Lago, Nicolás Gómez, Raúl Nova e Rubén Puertas.

A viaxe deixou boas sensacións no adestrador David Monreal, que nota unha grande evolución no xogo e a súa proposta de cara ao inicio da tempada.