Carlos Blanco, australiano de ascendencia galega, derradeira fichaxe do Iveco Uvigo de rugby

Imprimir
foto equipoO Iveco Universidade de Vigo, equipo do programa Siareiros que milita na División de Honra B de rugby, incorporou un novo xogador procedente das ligas do Hemisferio Sur. Trátase de Carlos Blanco, que competía ata hai uns días co Northern Suburbs Rugby Football Club, un club de Sydney (Australia) que se fundou en 1900.

Este flanker (terceira liña de 25 anos chegou a xogar partidos coa selección australiana sub 19 e é o derradeiro reforzo en chegar, pechando así o conxunto, que ademais conta cos neocelandeses Norm Maxwell e Riki Tukaki, un italiano (Federico Ivan Conti) e un arxentino (Mariano Berlande). Transalpino e suramericano seguen da tempada pasada.

blancoDe Portugal ao Club de Campo. O equipo presentarase este xoves (12:00 horas) nas instalacións do Club de Campo de Vigo. Durante esta fin de semana, David Monreal, técnico dos vigueses, levou ao equipo a Vila Real (Portugal) para concentrarse e facer tres adestramentos na Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro. Blanco (na imaxe, coa camisola negra e vermella dos Norths) estivo nestas tres xornadas de convivencia.

Blanco, na derradeira convocatoria en Australia (9.32 kB)

Calendario División de Honra (18.45 kB)