Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

rikitukakiO Iveco Universidade tróuxose unha importante vitoria do seu primeiro partido da División de Honra B española no seu desprazamento a Barcelona co Universitari Club.

O partido estivo claramente dominado polo club vigués que non puido materializar a súa superioridade ata a segunda parte. O equipo local facíase forte na loita, que aguantaba ben o Iveco Universidade, pero unha vez xogado o balón á liña de tres cuartos, e a través de xogadas preparadas, sempre rompía a marca defensiva de Universitari. Ata con 2 xogadas claras para apoiar na zona de ensaio contou o Iveco Universidade pero non puido concretar ningunha na primeira metade, por unha caída do balón de Riki Tukaki, moi activo todo o partido, e por non chegar a apoiar Mauro González.
Chegouse ao descanso co inusual marcador de 0 a 0.

A partir das indicacións técnicas de David Monreal e Norm Maxwell, saíuse o segundo tempo coa idea de concretar a superioridade, pero no minuto 4 o australiano Carlos Blanco, que vira unha amarela en primeiro tempo, vai a súa segunda tarxeta e remata expulsado. Aínda así, xogando cun menos chegou o primeiro ensaio do partido a través de Carlos de Cabo que non puido converter Riki Tukaki. O segundo ensaio foi tras unha grande xogada persoal do apertura Riki Tukaki (en substitución neste partido de Joaquín Maguna, lesionado) que si foi convertido. O terceiro e último ensaio do equipo vigués chega tras unha xogada do medio loita Mera, convertido tamén, polo que se chega ao minuto 60 con marcador provisional de 19 a 0.

A partir dese momento e co partido asegurado comeza o cansazo e a relaxación no Iveco Universidade debido en parte ao esforzo de xogar practicamente toda a segunda metade con 14 xogadores. O BUC anota 2 ensaios sen conversión polo que o resultado final foi de 10-19 para o Iveco Universidade, que se trae 4 puntos de Barcelona e espera agora coa moral alta ao difícil Hernani Rugby Taldea este domingo.

Iveco Uvigo: Iñaki Román, Óscar Ferreras, Adrián Fernández, Francisco Usero, José María Fernández, Ivan Conti, Agustín Bargiela, Juan Pablo Macedo, Alberto Mera, Riki Tukaki, Marco Tisona, Carlos Blanco, Jon Arrizabalaga, Carlos de Cabo, Iker Arraztoa. Suplentes: Vicente Prieto, Gustavo Gainzarain, Fernando Míllara, Guillermo, Manolo Lago, Mauro González.