Cabecera Vide

Grande vitoria do Iveco Universidade ante o último campión

374ruckvigoNun bo partido, Iveco Universidade Vigo RC logrou quedar coa vitoria por 12 a 6 ante Hernani, último campión da categoría.

Con boa defensa, e capitalizando os seus ataques, o conxunto de David Monreal, quedou co partido xogado no Lagoas Marcosende. Durante o primeiro tempo, Vigo foi superior ao seu rival, mostrando un mellor xogo e unha aguerrida defensa. Nos primeiros minutos, contou cun golpe de castigo, que non puido ser transformado por Jon Arrizabalaga. Catro minutos máis tarde, foi a quenda de Hernani, pero a súa apertura, Iraitz Garmendia, tamén fallou o seu lanzamento.

Con pasar dos minutos, o local tivo varias ocasións, pero a boa defensa visitante, evitou a apertura no marcador. Recén aos 18 e logo dun bo movemento de ataque, Mauro González conseguiu o ensaio, convertido por Arrizabalaga para lograr un parcial de 7 a 0.
No complemento, foi Hernani quen tivo a primeira ocasión, e esta vez Garmendia non fallou o seu disparo a paus. Aos 11, o Iveco Universidade moveu o oval ao ancho do campo e logo de varias fases, Riki Tukaki asistiu a Carlos Blanco para marcar o segundo ensaio da tarde.

Co 12 a 3 en contra, Hernani pasou a xogar o seu xogo de dianteiros. Abrindo pouco o balón e buscando gañar terreo nos mauls, foise achegando á zona de ensaio local. Pero foi aí onde, novamente, a dura defensa viguesa apareceu para evitar o tanto da visita.A cinco do final, Garmendia volveu transformar un golpe de castigo para deixar o definitivo 12 a 6 ante o numeroso público asistente, con afeccionados chegados dende outras cidades como Ourense, Pontevedra e Vilagarcía.

Con este resultado, Iveco Universidad Vigo RC mantén a segunda posición na táboa, xunto a Getxo, que superou a FC Barcelona como visitante por 12 a 0.

O líder Oviedo Feve RC, venceu ao Uribealdea tamén como visitante por 28 a 18, mentres que Durango logrou un axustado triunfo como local ante BUC por 19 a 15. Oviedo encabeza a táboa con 9 puntos, seguido de Getxo e Iveco Universidade Vigo RC con 8. Con 4 atopan FC Barcelona e Durango Ilarduya R.T. Con 2 unidades aparece Hernani, con 1 BUC e pecha a táboa o Uribealdea Rugby KE con 0 puntos.

A próxima xornada xogase entre o 16 e 17 de Outubro e terá a Oviedo fronte a F.C.Barcelona. As escoltas, Iveco Univeridade Vigo RC e Getxo xogasen entre si, Durango recibirá a Uribeadea, mentres que BUC esperará por Hernani.

IVECO UNIVERSIDADE VIGO R.C.: Ignacio Román, Oscar Ferreras, Gustavo Gainzarain; Mariano Berlande, José María Fernández; Francisco Usero, Agustín Bargiela e Juan Pablo Macedo; Alberto Mera, Riki Tukaki, Carlos De Cabo, Jon Arrizabalaga, Carlos Blanco, Mauro González e Iker Arraztoa.

Ingresaron: Vicente Prieto, Fernando Millara, Gonzalo Valencia, Alberto Campos Fonseca, Adrián Fernández e Marco Visoná.
Non ingresou: Iván Martínez.

Adestradores: David Monreal e Norman Maxwell.

HERNANI C.R.E.: Gorka Sarasola, Javier Seco, Mikel Orbegozo; Aritz Illarramendi, Ander Gutiérrez; David Pelaz, Jon Otxtorrena e Arkaitz Otaño ©; Borja Rodríguez, Iraitz Garmendia, Jokin Esnal, Igor Echeverría, Ramunio Labat, Ión Olano e Oier Garmendia.

Ingresaron: Jon Apaolaza, Iñaki Illarramendi, Iñaki Otxorrena, Joseba Silguero e Iker Pena.
Non ingresaron: Javier Exteverria e Jon Zumalare.

Campo: Lagoas Marcosende

Árbitro: Lázaro (Madrid)

Puntos: PT:7 min. ensaio de Mauro González transformado por Jon Arrizabalaga (V). ST: 3 min. trasformación por golpe de castigo de Iraitz Garmendia (H); 11 min. ensaio de Carlos Blanco (V); 35 min. trasformación por golpe de castigo de Iraitz Garmendia.