Cabecera Vide

O Iveco Universidade vence ao líder e afiánzase nos postos de cabeza

374ivecooctubre2010Nun gran partido, o Iveco Universidade Vigo R.C. impúxose ao líder e invicto Oviedo por 30 a 23.

Cun moi bo xogo ofensivo na primeira etapa, e unha grande defensa na segunda, os dirixidos por David Monreal, quedaron cun importante triunfo. Dende o inicio, o Iveco Universidade mostrouse mellor situado no campo e cunha maior actitude para atacar.

O primeiro ensaio chego ao minuto 7, logo dun bo manexo do balón ao ancho do campo, que rematou sendo capitalizado por Francisco Usero para conseguir os primeiros 5 puntos. O devandito ensaio foi transformado por Jon Arrizabalaga.

A resposta de Oviedo non tardou en chegar. Martín Roveda transformou un golpe de castigo 3 minutos máis tarde. A pesar do clima chuvioso, o conxunto vigués seguiu xogando cos seus tres cuartos e penetrando cos seus dianteiros. Aos 14 minutos, novamente Usero anotou un ensaio, tamén transformado por Arrizabalaga para deixar o parcial en 14 a 3. Minutos máis tarde, Vigo estirou a vantaxe coa súa apertura, logo dun golpe de castigo e aos 23 minutos de xogo, Riki Tukaki definiu por esquerda logo dunha boa manobra dos tres cuartos.

Recén os 29 minutos, a visita volveu marcar. Novamente Roveda descontou produto dun golpe de castigo. Sobre o final da primeira metade, a presión exercida por Oviedo foi eficaz logrando o seu primeiro ensaio do partido. Martín Roveda foi o seu autor e conseguiu tamén a súa transformación.

No complemento, Vigo volveu saír ao ataque, buscando ampliar a diferenza no resultado. Noutra manobra polo aberto, Iker Arraztoa venceu á defensa visitante cun grande rastrón, que foi aproveitado por Mauro González para anotar un novo ensaio vigués. Co resultado en contra, Oviedo pasou a atacar cos seus dianteiros, con bos movementos nas súas formacións móbiles para logo intentar definir cos seus tres cuartos, pero chocou cunha organizada defensa viguesa.

A 20 do final, Roveda volveu transformar un golpe de castigo, deixando o marcador, 27 a 16, pero Arrizabalaga estirou novamente a vantaxe só catro minutos máis tarde. Na última xogada, Oviedo conseguiu o punto bonus.

Un importante triunfo vigués, que o segue mantendo na terceira colocación na táboa. Pola súa banda, Getxo conseguiu un bo triunfo na súa visita a Hernani por 26 a 21, FC Barcelona non tivo problemas para superar a Durango 49 a 0 e Uribealdea logro o seu primeiro triunfo ante BUC por 14 a 10.

Con estes resultados, Getxo lidera con 16 puntos, seguido de Oviedo con 14. Na terceira colocación atopa Vigo con 13, ségueo FC Barcelona con 10 e Durango con 8. Con 5 puntos aparece Hernani e pechan a táboa BUC e Uribealdea con 4.

Norm Maxwell non puido formar parte dos convocados por unha lesión no último adestramento do venres. Para a próxima xornada, que xogará o 6 e 7 de Novembro, Monreal xa poderá contar cos seus lesionados, Adrián Fernández, Iván Conti, Juan Pablo Macedo, Carlos de Cabo e Joaquín Maguna Lago.

Nesta, o Iveco Universidade Vigo R.C. xogará ante Durango, mentres que Uribealdea recibirá ao FC Barcelona. Hernani viaxase a Oviedo e BUC esperase por Getxo.

Iveco Universidade Vigo R.C.: Ignacio Román, Oscar Ferreras, Gustavo Gainzarain; Fernando Millara, José María Fernández ©; Francisco Usero, Agustín Bargiela e Mariano Berlande; Alberto Mera, Jon Arrizabalaga, Iker Arraztoa, Carlos Blanco, Alberto Campos, Mauro González e Riki Tukaki.

Ingresaron: Vicente Prieto, Marco Visoná e Clovis Degorce.
Non ingresaron: Gonzalo Valencia, Joaquín Maguna Lago, Juan Villar e Guillermo Pérez.

Adestradores: David Monreal e Norman Maxwell.

Oviedo Feve R.C.: Abdon Roces, Roberto González, Sebastián Menéndez, Daniel Asenjo, Angel Ballve, Cristian Utiel, Angel Pintado, David Valdez, Alfonso Menéndez, Javier Moran, Iñigo Álvarez, Santiago González, Andrés Barandiaran, David Rey e Martin Roveda.

Ingresaron: Pablo Salinas, Dean Mathew, Miguel Menéndez, Enrique García, Jorge Fuente, Hemi Trukiqi e Luis Cano.

Campo: Lagoas Marcosende.
Puntos: PT:7 min. ensaio de Francisco Usero transformado por Jon Arrizabalaga (V), 11 min. transformación por golpe de castigo de Martin Roveda (O), 14 min. ensaio de Francisco Usero transformado por Jon Arrizabalaga (V), 18 min. trasformación por golpe de castigo de Jon Arrizabalaga (V), 23 min. ensaio de Riki Tikaki (V), 29 min. transformación por golpe de castigo de Martin Roveda (O), 38 min. ensaio e golpe de transformación de Martin Roveda (O). ST: 6 min. ensaio de Mauro González (V), 20 min. transformación por golpe de castigo de Martin Roveda (O), 24 min. transformación por golpe de castigo de Jon Arrizabalaga (V), 40 min. ensaio e golpe de transformación de Martin Roveda (O).