O Iveco deixa escapar un partido que tiña practicamente gañado

Imprimir

374ruckvigoO Iveco Universidade Vigo Rugby trasladábase a Oviedo sabendo que o tocaba un forte rival en defensa. E nunha liga sumamente parella os partidos defínense por pequenos detalles, que neste caso foi un erro a 7 minutos do final nun mal pase da liña de tres cuartos, que con superioridade numérica e posibilidades de ensaiar, lle regala un balón que intercepta o equipo asturiano para ensaiar baixo paus e desmoralizar ao equipo vigués, que acabou perdendo por 14 10.

O Iveco Universidade dominou todo o partido e ata ese momento, o minuto 73 de partido e gañando por 0 a 10, o Oviedo chegara á zona de 22 viguesa só 4 veces. Dominábase en todas as facetas do xogo: loitas, touche, maules, rucks, ataque e defensa. O equipo estaba ben asentado no campo aínda que custaba entrar en velocidade e dominar o balón debido ao embarrado campo de Oviedo, realizando ataques de ata 14 fases. Posiblemente esa relaxación en canto ao control do partido permitiu que se lle escapase das mans.

O tanteador inaugurouse aos 35 minutos do primeiro tempo logo dunha xogada despois dunha touche gañada polo Iveco Universiade, a partir da cal se realizan varios pick and go, para que o capitán Chema Fernández apoie o balón na zona de ensaio deixando o parcial de 0 a 5 xa que non houbo conversión de Jon Arrizabalaga, resultado co que se remataría a primeira parte.

Na segunda parte o dominio seguía sendo vigués ata que se produciu o segundo ensaio do partido logo dunha loita gañada e a apertura que chega ao ingresado Jon Iker para apoiar o balón, deixando o marcador 0 a 10, novamente sen conversión posterior de Arrizabalaga.

O dominio seguiu ata o pase interceptado nos últimos minutos e a posterior desconcentración do Iveco Universidade, con amarela incluída para Alberto Campos por protestar. Resultado final de 14 a 10, caras longas na viaxe de regreso e un punto bonus por perder por menos de 8 puntos que vale ouro.

O Iveco Universidade descende agora á terceira posición, a 2 puntos do FC Barcelona que gañou con bonus a Durango por 24 a 10, pero segue dependendo de si mesmo para xogar os play-offs, estando obrigado a gañar con bonus ningún dos partidos ante Uribealdea (último clasificado) ou Durango (antepenúltimo) pero coa vista posta na final que lle espera no último partido de liga na casa ante o FC Barcelona.

O Getxo segue líder despois de gañar a Hernani por 34 a 24, e no do de últimos o BUC gañoulle a Uribealdea por 31 a 6.

IVECO UNIVERSIDADE VIGO R.C.: Ignacio Román, Oscar Ferreras, Gustavo Gainzarain; Adrián González, José María Fernández ©; Clovis Degorce, Francisco Usero e Cameron Eyre; Alberto Mera, Jon Arrizabalaga; Joaquín Maguna Lago, Carlos Blanco, Alberto Campos Fonseca, Mauro González e Riki Tukaki.

Ingresaron: Agustín Bargiela por Clovis Degorce e Jon Iker Arraztoa por Mauro González

Suplentes: Vicente Prieto, Mateo de la Fuente, Fernando Millara, Carlos de Cabo e Juan Manuel Rodríguez

Campo: O NARANCO (Oviedo)

Árbitro: AGUIRRE (Cataluña)