
O XV da Uvigo impúxose este domingo por 15-12 (mesmo resultado ao descanso) ao FC Barcelona no campo das Lagoas-Marcosende, desprazando así do segundo posto ao conxunto catalán na décimacuarta e derradeira xornada do grupo 1 e obtendo o pase ao play-off. A imaxe, da ledicia de xogadores e afeccionados ao remate do partido, feita por Manu Bravo.
O conxunto que adestra David Monreal e Norm Maxwell conseguiu que as bancadas do CUVI enchésense cuns 700 espectadores, a mellor entrada do ano. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, asistiu ao partido, do mesmo xeito que o vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, e o presidente da Federación Española de Rugby, Alfonso Mandado.
Nunha mañá asollada e de moito frío, o Uvigo remontou un marcador que empezou adverso (0-3, 3-6, 3-9) para imporse liderado polo internacional de "seven" Carlos Blanco. O conxunto vigués acabou segundo na táboa a pesares de que sufriu unha derrota máis que o Barça (catro por tres), pero esta tempada os bonus alcanzados pola formación galega foron claves para superar aos blaugranas.

Os pozueleros eran equipo de División de Honra no verán (e gañaron dúas ligas e cinco copas entre 2000 e 2009), pero tiveron que vender a praza ao Bera Bera por problemas económicos.
Agora, o CRC é o "quince" que máis ensaios acadou nos dous grupos (96), o que máis puntos conseguiu (697) e o de mellor defensa (176 tantos en contra). O partido de ida xogarase en febreiro en Vigo, disputándose o de volta en Pozuelo de Alarcón.
Adestrado por Miguel Ángel Puerta, o CRC ten tres romaneses (o internacional Manole Dorin, Christian Lungeanu e Andrei Viadeanu), un polaco (Tommek Przybyszewsk) e un francés (Nicolas Gajan). O ano pasado, co nome de Olympus XV, foi a base do equipo que disputou competición europea pola interese federativo.
O Iveco, como Valery Karpin Uvigo (na foto que pecha a información), disputou este play-off no ano 2006, con dobre derrota: 12-26 en Vigo e 57-16 na volta. Ramón Amoedo era o presidente dos universitarios e José Ángel Martín, "Trosky", o adestrador. Agora, quenda para Ramón González-Babé como primeiro directivo e para o tándem Maxwell-Monreal no banco.
