Conta atrás para o Iveco UVigo, que recibe ao CRC Madrid o domingo no play-off

Imprimir

374img_8284Este domingo 13 de febreiro ás 12.00 horas xogará en As Lagoas Marcosende (CUVI) o partido de ida dos play-off de ascenso á División de Honra ante o CRC Madrid, campión hai dúas tempadas da máxima categoría e que debeu descender debido a problemas económicos.

Para este partido os xogadores atopan plenamente motivados e preparando durante estes días os últimos detalles tácticos para enfrontar a un CRC Madrid que posúe xogadores de grande envergadura física.

Prevese que asista grande número de espectadores, ao igual que ante o FC Barcelona, e para organizar de mellor forma o público estarán pechados os accesos á pista de atletismo, polo que os asistentes deberán acceder ás tribunas por fóra do recinto valado que rodea ao campo de xogo. Estarán habilitadas as 2 tribunas de Lagoas Marcosende, tanto a de madeira, que dá ao campo de herba sintética, e a de cemento ao lado do pavillón teitado.