Vigo Rugby vs Oviedo

Imprimir

UNIVERSIDAD DE VIGO EDNON 17
OVIEDO 20

Campo de Lagoas-Marcosende, domingo 4 de outubro.
Xogouse o 1º partido da Liga entre Ednon Universidade Vigo Rugby e Oviedo Rugby Club. O equipo de Vigo presentábase como candidato, pero nos 80 minutos de Xogo non se soubo ordenar como para merecer gañar un partido que a presento con dous equipos con pouca vocación de ataque e moito de patear a balón, moitas imprecisións polos dous onde o Oviedo foi o que fixo un pouco mellor as cousas conseguindo as Touch propias e varias das que introducía Vigo. O conxunto visitante arranxoullas para manter aos vigueses lonxe da súa liña de ensaio aínda que rematou o primeiro tempo cun parcial 9 a 3 a favor dos vigueses produto de 3 (tres) golpes convertidos aos postes fronte a 1 (un) da visita.

O segundo tempo comezou e en poucos minutos Oviedo ensaiou por primeira vez na tarde logo de que un terceira liña rompese a defensa polo centro do campo e cedese cara á punta para que a súa á ensaiase. Vigo non reaccionaba e poucos minutos despois volveu ensaiar o visitante esta vez na outra punta con outro erro defensivo dos locais. A partir de aí recén viuse unha reacción de Vigo que se ordenou e comezou a levar o xogo adiante co ingreso do medio loita Alberto Mera, que se insinuou fronte á liña de ensaio do rival pero non o conseguía, por erros propios e a férrea defensa de Oviedo. Un golpe convertido e un ensaio vigués empataban o partido en 17 puntos, nerviosismo nos últimos minutos, ata a última xogada onde os locais cometeron un golpe baixo os paus propios que Oviedo aproveitou para poñer cifras definitivas ao encontro.
Un triunfo merecido para o equipo que fixo mellor as cousas, queda moita Liga e haberá que dobregar esforzos para mellorar a performance deste 1º partido.

Aliñación:
Leonardo Bulacio, Vicente Prieto e Victor Fontan, Ignacio Lobon e Jose Mª Fernandez, Nicolas GomezVentura, Mauro Gonzalez e Mariano Berlande, Joaquin Maguna e Jon Arrizabalaga, Jon Iker Arraztoa, Alberto campos, Javier Parga, Carlos De Cabo e Mauro Alvarez.
Ingresaron: Iñaki Roman, Alberto Mera e, Cristian Aniño

Os tantos:
Vigo R. C (17): Ensaios: Mariano Berlande s/c e 4 golpes de castigo convertidos por Mauro Alvarez
Oviedo(20): Ensaios 2 convertidos e dous Golpes de Castigo