O Vigo Rugby continúa coas recepcións

Imprimir

babedominguezLogo do importante logro conseguido polo Iveco Universidade de Vigo Rugby co seu ascenso á División de Honra, esta semana está a ser de festexos.

Á chegada de felicitacións de practicamente todos os clubs galegos, que viven o ascenso como algo propio e como un triunfo do rugby galego súmanse as recepcións oficiais por parte de distintos organismos.

O luns recibiu ao equipo o Tenente de Alcalde do Concello de Vigo, o Sr. Santiago Domínguez, onte tocoulle a quenda ao Reitor da Universidade de Vigo, o Sr. Salustiano Mato de la Iglesia, e hoxe será o Presidente da Xunta de Galicia, o Sr. Alberto Núñez Feijoo o que lles abrirá as portas do Salón Nobre do Pazo Raxoi ás 14.00 h. O Presidente estará acompañado do Secretario para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.