O Vigo Rugby continúa coas homenaxes

Imprimir

brindisvigorugby2011Logo do importante logro conseguido polo Iveco Universidade de Vigo Rugby co seu ascenso á División de Honra, o Iveco Universidade participou en recepcións na Universidade de Vigo, o Concello de Vigo e no Salón Nobre do Pazo Raxoi en Santiago, co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo como anfitrión.

Este xoves será a quenda de visitar Balaídos onde os xogadores poderán saír ao campo de xogo e onde recibirán unha homenaxe, para logo ser invitados a presenciar o partido do Celta ante o Huesca. O presidente do Celta, Carlos Mouriño, fará entrega dunha placa ao presidente do Vigo Rugby Club Ramón González-Babé Iglesias.

Norm Maxwell

No día de hoxe, o segundo adestrador do Iveco Universidade, Norm Maxwell, partirá adiantando as súas vacacións a Nova Zelandia debido ás consecuencias do terremoto na cidade de Chistchurch, o seu lugar de residencia e onde a súa casa se viu afectada. Norm decidiu viaxar para ver en persoa os danos que causou na súa vivenda, os cales parecen ser importantes. Cabe recordar que os tres xogadores neozelandeses do Iveco proveñen desa cidade, na que tamén estivo a residir o adestrador David Monreal. Segundo os plans previstos Maxwell regresará a Vigo para realizar a pretempada no mes de xullo, labores que xa estivo a planificar con Monreal.