Cabecera Vide

Comeza a tomar forma o proxecto do Iveco para a tempada 2011-2012

374carlos_blanco_y_oscar_ferrerasO Vigo Rugby Club comeza a dar forma ao proxecto para a tempada 2011-2012, neste caso pechando as renovacións de 2 dos seus principais xogadores.

O primeiro Carlos Blanco, que chegou de Australia a tempada pasada a Vigo buscando as raíces do seu pai oriundo de Pobla de Trives, consolidouse como un dos xogadores máis en forma do rugby español, o que lle levou a ser convocado á selección española de rugby a sete, e máis tarde á selección absoluta de 15, debutando o sábado pasado ante Portugal onde foi un dos xogadores destacados do partido. Cabe recordar que Carlos fora subcampión mundial xuvenil co seleccionador australiano. A punto de partir rumbo a Hong Kong para participar no principal torneo mundial de rugby a sete coa selección española, asinou o seu contrato que o liga ao Vigo Rugby Club para a tempada 2011-2012.

Outro xogador que renova é o talonador catalán Oscar Ferreras que continuará unha tempada máis no club. Oscar que chegou procedente do Club de Rugby L´Hospitalet, xa xogou toda a tempada pasada e se consolidou como un dos referentes na primeira liña do equipo vigués.