374renovacion_mariano_berlandeO Vigo Rugby Club renovou esta semana a outros dos seus xogadores, ao zaguero neozelandés Riki Tukaki, e ao segunda liña arxentino Mariano Berlande.

Riki Tukaki chegou ao Vigo Rugby Club da man de David Monreal, que o trouxo de Nova Zelandia. Fora campión do mundo xuvenil coa súa selección en Sudáfrica no 2005 e esta tempada consolidouse como un dos xogadores máis destacados apoiando ensaios en varios partidos. Riki tomará unhas vacacións no seu país para regresar a realizar a pretempada xunto co equipo.

374renovacion_riki_tukakiOutro que renova é Mariano Berlande, no que será a súa terceira tempada no club. Mariano chegou procedente do CRC Madrid na tempada 2009-2010 e consolidouse como parella inseparable de José María Fernández na segunda liña da loita. Outra das facetas nas que destaca Berlande é na obtención do balón nas touche, debido á súa altura de 1.93 m.

Polo tanto ambos os dous xogadores continuarán na disciplina do club un ano máis e comezarán a pretempada a mediados de agosto xunto co resto do equipo.