Cabecera Vide

Concentración ata o 24 de xullo en Barcelona

374carlos_blanco_y_oscar_ferrerasO xogador do Iveco Universidade Vigo Rugby, Carlos Blanco, formará parte do grupo específico de Rugby a Siete do equipo nacional de Seven que iniciará os adestramentos seguindo un plan intensivo de preparación do 12 de Abril ao 24 de Xullo, para as competicións previstas nese período.

Durante todo este tempo Carlos permanecerá concentrado xunto co resto do equipo nacional desprazándose a xogar os torneos continentais. Este plan de traballo está enfocado ademais para lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde o rugby a sete será incluído como novo deporte.

Os torneos nos que participará a Selección Española con Carlos Blanco:

As series mundiais de Seven, nas cales tamén estaba incluído o de Hong Kong.

- London Seven: 21 e 22 de Maio
- Edinburgh Sevens Festival: 28 e 29 de Maio

Campionato de Europa 7 ´ s Grand Prix cos 12 principais equipos do continente.

- Series Round 1 Lyon (Francia): 18 e 19 de Xuño
- Series Round 2 Moscú (Rusia): 25 e 26 de Xuño
- Series Round 3 Barcelona: 9 e 10 de Xullo