Cabecera Vide

Torneo de rugby infantil

vigorugbycartel2O Vigo Rugby Club organizará o próximo sábado 28 de maio, no campo do CUVI Lagoas Marcosende, o I Torneo Internacional de Rugby Infantil no que participarán 9 clubs.

Á asistencia dos clubs portugueses de Braga e Arcos de Valdevez sumaranse 6 clubs galegos, ademais do Vigo Rugby. Prevese que o número total de nenos ascenda 300 divididos en idades de sub12, sub10 e sub8, e unha grande afluencia de público e pais.

Torneo de Rugby 7-4 de Xuño

Por outro lado xa está confirmada a etapa que xogará en Vigo do Circuíto Galego de Rugby o día sábado 4 de xuño. O Circuíto nace como iniciativa independente de todos os clubs galegos para manter a actividade rugbística debido ao parón proposto pola Federación Galega de Rugby. A primeira etapa disputouse en Vilagarcía con primeiro triunfo de CRAT que venceu na final ao Iveco Universidade logo de empatar a 14 e definirse con golpes de castigo. Toda a información do Circuíto pode seguirse www.galicia7s.comen.

Copa Xunta

Deu inicio a fin de semana pasada a Copa Xunta con vitoria do Iveco Universidade sobre o Ferrol RC por 71 a 0 polos cuartos de final. David Monreal convocou varios xogadores xuvenís que o próximo ano serán Senior, e probou outros en distintos postos. O próximo partido de semifinais que debería disputarse ante Lalín RC esta fin de semana aprazouse para o do día 28 de maio.

División de Honra - Busca Patrocinios

O club pola súa parte continúa coa busca de patrocinadores para a tempada 2011-2012, tarefa que se lle está a complicar debido á actual situación económica e ao aumento do presuposto necesario para poder disputar a División de Honra cun equipo competitivo. Dende a directiva mantivéronse algunhas reunións e enviado propostas de patrocinio a distintas empresas con escasa resposta polo momento. Tamén se lanzou a campaña de socios (http://www.vigorugby.com/cap_socios/) coa que espera recadar fondos, quedando pendente coñecer o apoio concreto que se terá dende as administracións.