Cabecera Vide

Cara e cruz para o Universidade Vigo Rugby

374carlos_blancoNon puido ser e o Universidade de Vigo Rugby viuse dobregado polo CRAT na final da Copa Xunta feminino por 0 a 34. A experiencia calidade do equipo coruñés foi clave para gañar a final disputada no campo do CUVI.

Con respecto ao equipo senior masculino, o pasado sábado disputou en Pontevedra a segunda etapa do Circuíto Galego de Seven, torneo que gañou vencendo na final a Los Ingleses de Vilagarcía por 26 0. O Iveco Universidade marcha primeiro na clasificación xeral do circuíto con 38 puntos, seguido do equipo de Vilagarcía con 34 puntos. A próxima etapa xogará en A Coruña o 28 de maio, a que non asistirá o Vigo Rugby Club debido a que todo o club estará envorcado na organización do I Torneo Internacional de Rugby Infantil de Vigo que se disputará no CUVI.

Carlos Blanco

O xogador do equipo vigués Carlos Blanco disputou coa selección española esta fin de semana o torneo London Sevens, pertencente ao circuíto das Series Mundiais da IRB. O equipo español comezaba nun grupo difícil con Kenya, Nova Zelandia (líderes das series) e Gales (último campión mundial). Gañou aos primeiros perdendo ante os outros 2 equipos polo que se clasificou entre os 16 mellores equipos para xogar polo segundo trofeo, a copa Bowl medíndose en cuartos de final ante EEUU, un clásico destes torneos, aos que venceron por 14 a 0. En semifinais tocábaos Escocia, unha das potencias, partido que a selección española perdeu por 17 a 19, para despedirse e pechando un magnífico torneo. Agora toca esta fin de semana a última etapa das series en Edimburgo.