Cabecera Vide

Carlos Blanco, xogador do Vigo Rugbi, dende Edimburgo

Carlos Blanco conta dende Edimburgo: "A experiencia de xogar en Twickenham, a catedral do rugby en Londres, foi incrible. A xente, a organización e o nivel dos equipos todo foi marabilloso. A pena é que nos escapara o partido ante Escocia que case tiñamos gañado, pero nese sentido, como xogamos a un gran nivel, en xeral quedamos moi satisfeitos".

Sobre esta fin de semana comenta: "Volvemos xogar contra Gales e esperamos facelo mellor que en Londres, contra Inglaterra esperamos dar a sorpresa e a Portugal esperamos gañarlle. Se conseguimos estes resultados estariamos en cuartos de final pola copa do torneo, ese é o noso obxectivo, e creo que estamos en condicións de conseguilo".