Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

circuitosevengaliciaO Iveco Universidade finalmente xogará en Pontevedra a final da Copa Xunta ante CRAT de A Coruña. O Pontevedra RC organizará os partidos finais de todas as categorías no novo campo de Monteporreiro, onde estará presente tamén o Universidade de Vigo Rugby xuvenil ante a sorpresa, Lalín RC.

 

A final senior xogará o domingo 5 de xuño ás 17.15 h, mentres que o equipo xuvenil fará o mesmo, pero ás 12.30 h.

David Monreal espera rematar a tempada cunha vitoria e así pensar xa na preparación da tempada que vén, e que o domingo sexa unha festa de todo o rugby galego, xa que ademais dos mencionados partidos tamén se xogarán as finais de cadetes, entre Pontevedra RC e Campus Ourense, e infantil entre Lalín RC e Pontevedra RC.

Torneo de Seven de Vigo

O día anterior da final, o sábado 4 a partir das 12.00 h, terá lugar en Lagoas Marcosende (CUVI) a terceira etapa pertencente ao Circuíto Galego de Seven, organizado polo Vigo Rugby Club. Ademais do apartado masculino, disputarase na súa versión feminina, coa participación do Universidade de Vigo Rugby. A día de hoxe están inscriptos 7 clubs masculinos e 3 clubs femininos.